domingo, 4 de mayo de 2008

SENTIMENTOS DE HOXE

Treme o ceo contra
os sables dos homes,
cae a chuvia que non
é chuvia, senón bágoas
de sangre da fonda
ferida do corazón
do sol que xa non sae.

Corren as bágoas
do ceo escuro pólas
rúas das estreitas cidades,
pobos e países.
Son tronos que son berros,
vense lóstregos que son
corpos de xente,
dos nenos, dos soños
que barreu a tormenta que
botaron á terra.

Recorre esta choiva
maladita as veas dun
mundo podrido, como se fose o
virus dunha enfermidade
mortal pero non é así
é máis. É a besta
do home é a desgracia
con mans.

Unha solución sen solución,
un ben que so
é mal. Un esforzo
sen destino. Un camiño sen
final.

16 años- IES

No hay comentarios: